15.5.18

LETRAS GALEGAS

O alumnado do IES San Mamede súmase á homenaxe á figura de Mª Victoria Moreno lendo, comentando e realizando diversas producións arredor das obras Leonardo e os fontaneiros, Guedellas de seda e liño, e Anagnórise. Así mesmo,  o alumnado de 4º ESO realizou un traballo de investigación consultando  a obra A voz insurrecta (2018) de Monste Penas Presas. Este traballo foi dado a coñecer a través dun tríptico que se expuxo no taboleiro do Equipo e ao que tamén se pode acceder a través dos blogs individuais do alumnado. 

ALUMNADO 4º ESO


11.5.18

CORRELINGUA



O venres 11 de maio, o alumnado de 1º ESO participou no Correlingua, un acto público que ten como obxectivos: propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións a prol dela; sensibilizar á sociedade a través da poboación infantil e moza da importancia da defensa da lingua; asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares; contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.

23.4.18

DÍA DO LIBRO


Para conmemorar o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, o alumnado de 4º ESO confeccionou un vídeo recomendando unha obra literaria. Podedes velos premendo no enderezo dos seus blogs persoais: Lugares con encanto, O barco de papel, Cartas de invernos, Cidades de papelO galego como sentimento, BolboretasO lóstrego, O galego é de todos, Infinidades de palabras,  Episodio Primeiro, Páxina Cero, A liberdade do galegoVoando sen ásO Galego Falante.


21.3.18

COMPOÑER POESÍA



Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o Día Mundial da Poesía, e para celebralo o alumnado de 2º ESO compuxo poemas inspirándose nas obras Penúltimas tendencias e Makinaria de Carlos Negro. 

22.2.18

DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía, Uxía Oviedo de Dios, alumna de 2º BAC.,  realizou un deseño coa imaxe da autora para a confección dun cartel. Por outra banda, o alumnado de 1º ESO B  e 2º ESO recitou os poemas "Negra sombra" e "Campanas de Bastabales".


Imaxe de Uxía Oviedo de Dios. 2º BAC.




7.2.18

DÍA DA PAZ

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo ao alumnado a conmemoración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz con diferentes actividades. Sabemos que a educación na paz non é labor dun día, senón un camiño que debemos percorrer a diario, por iso aproveitamos a data para reflexionar sobre a necesidade de construír unha escola na que o diálogo, o respecto, a cooperación,  a tolerancia ou a solidariedade  sexan os principios que guíen a convivencia.   

1º ESO

1º ESO

       

2º ESO


2º ESO

4º ESO

19.12.17

TARXETAS DE NADAL

O alumnado de 1º ESO realizou unha busca documental sobre distintos personaxes de Nadal para crear unha tarxeta coa que participou no concurso que o Equipo convoca nestas datas. Botádelle unha ollada ás tarxetas que están expostas na entrada do centro.           


ALUMNADO GAÑADOR 1º ESO 

18.12.17

COUSAS

O alumnado de 4º ESO confeccionou, tras a lectura da obra Cousas de Castelao, pequenos relatos inspirándose nesta obra do autor rianxeiro. 


5.11.17

CARTAS DE INVERNO

Velaquí tedes os cómics confeccionados polo alumnado de 2º ESO inspirados en Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
             


EVA ALONSO GONZÁLEZ

ALEX SOUTO DE DIOS

NEREA BERMEJO CARBALLO

MARCOS NÚÑEZ FERNÁNDEZ
2º ESO

31.10.17

SAMAÍN

Chega o Samaín e con el o misterio, o medo, o terror. Observade algúns dos personaxes creados polo alumnado de 2º ESO. 









ALUMNADO 2º ESO

8.10.17

ALFABETOS TEMÁTICOS

O alumnado de 1º ESO confeccionou alfabetos temáticos que debían conter  palabras relacionadas con cada un dos campos semánticos que traballaron. Velaquí algúns exemplos:
           


 



6.6.17

LECTURA DRAMATIZADA



O alumnado de 1º ESO B realizou unha lectura dramatizada de As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas e recreou a escenografía da peza teatral confeccionando os personaxes en plastilina.  

1.6.17

A RAPAZA DO CIRCO

Uxía Oviedo de Dios realizou a ilustración do relato "A rapaza do circo" da obra Vento ferido de Carlos Casares. 




31.5.17

A RAPAZA DO CIRCO

Lucía González Iglesias, alumna de 1º BAC., realizou este fermoso vídeo de animación sobre o relato "A rapaza do circo" da obra Vento ferido de Carlos Casares.


Antía Lage Fernandes, alumna de 1º BAC., preséntanos outra interesante proposta sobre o mesmo relato de Carlos Casares.


30.5.17

CARLOS CASARES. VENTO FERIDO

O alumnado de 1º BAC. confeccionou vídeos sobre algúns dos relatos da obra Vento ferido de Carlos Casares. Premede nas imaxes e poderedes acceder as súas creacións:
"O outro verán". Helena Losada González

"A tronada". María Prol González

"A rapaza do circo". Uxía Oviedo de Dios


"Cando cheguen as chuvias". Emma Fariñas Cabo

"A tronada". Iria Carrera Doval
"O xogo da guerra". Paula Bouzo Gómez
"A rapaza do circo". Estela Expósito Salgado

24.5.17

NÓS TAMÉN EXISTIR


Por unha igualdade real entre mulleres e homes! 
É o berro do grupo 4º ESO A.

23.5.17

PREMIOS X CONCURSO LITERARIO JOÃO DE NÓVOA


Alumnado premiado na categoría de 6º de Educación Primaria nas modalidades de relato curto e poesía:

Alba Estévez Prado. CEIP de Maceda
María Adelaida Souto Novas. CEIP de Baños de Molgas
Rubén Vázquez Cid. CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio



Alumna premiada na categoría de ESO na modalidade de poesía:
Gemma Cid Ferreiro. 4º ESO

Parabéns!

16.5.17

HIMNO GALEGO

Na véspera do Día das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO e a profesora Cristina Asenjo ofreceron no Salón Rosalía de Castro unha emotiva interpretación instrumental do himno galego con frauta doce, xilófono e piano. A continuación, deleitáronnos coa interpretación vocal da composición. Lembremos que este ano se conmemora o centenario do falecemento de Eduardo Pondal, autor do poema "Os pinos". 




9.5.17

CARLOS CASARES

O alumnado de 4º ESO realizou unha busca e selección de información en rede para confeccionar un tríptico sobre o escritor Carlos Casares. Este pequeno traballo de investigación foi compartido polo alumnado nos seus blogs persoais e no taboleiro do Equipo. Achegamos, como exemplo, o tríptico realizado por Lucas Suárez Díaz.