18.12.08

CALENDARIO 2009

O ENDL agasallou a toda a comunidade educativa un calendario do novo ano. O deseño da imaxe foi realizado por María Prieto e Raquel Salgado.

ENTREGA DE PREMIOS DE TARXETAS DE NADAL

O ENDL promoveu un concurso de tarxetas de Nadal. A actividade, dirixida ao alumnado de 1º ESO, consistiu na realización de tarxetas co programa informático Microsoft Publicher. Cada tarxeta contiña un conto de Nadal e unha imaxe relacionada co contido.


17.12.08

PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE PRADOLONGO

O día 17 de decembro proxectouse Pradolongo, actividade organizada polo ENDL en colaboración con outros departamentos. Trátase dunha longametraxe dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto.

25.11.08

25 DE NOVEMBRO

Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

Para conmemorar esta data realizouse:

- Unha lectura dramatizada de "Un amor que non mate" de Dulce Chacón, adaptación do texto "Un amor que no mate" realizada por Carme Gómez García, compañeira do IES Lagoa de Antela de Xinzo.

- Unha performance do alumnado de 1º e 2º da ESO

- A instalación de "As vítimas e os zapatos".

- Un mural con todas as vítimas do ano 2008.


31.10.08

O SAMAÍN


O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha actividade promovida polo ENDL para celebrar a festividade do Samaín.
A actividade consistiu na elaboración dunha descrición dun animal fantástico xunto cunha ilustración e na realización de relatos de medo. Estes traballos foron expostos no taboleiro do ENDL.